A Policía Autonómica xa estivo no lugar para investigar a situación do cruceiro da igrexa.
A formación liderada por Juan Carlos González Carrera, Acip, vén de presentar unha denuncia diante da Policía Autonómica e de Patrimonio da Xunta de Galicia polo «maltrato a un Ben de Interese Cultural nas obras do concello na Paza Bugallal». Refírense os de Acip a que unha importante parte da base do cruceiro da igrexa «foi enterrada cos novos elementos incorporados na reforma da praza» e que, amáis, «obsérvase con facilidade, que a bancada realizada ao redor do propio cruceiro é totalmente allea ao seu entorno, sepultando e impedindo a súa total visualizaicón e desfrute por parte dos veciños que transiten polo lugar».
Como BIC, o elemento debe protexerse de forma «inseperable» e «debe protexerse na súa totalidade». De feito, a Policía Autonómica xa estivo nas inmediacións indagando e observando o estado actual no que quedou o cruceiro. No caso de que «o Concello resulte sancionado», di Juan Carlos Carrera, «dende esta formación esixirase responsabilidades políticas».
Escoita a entrevista co líder de Juan Carlos González Carrera: