domingo, diciembre 22, 2024
InicioNewsO PaísO fin da máscara chega a Galicia con case 750 hospitalizados

O fin da máscara chega a Galicia con case 750 hospitalizados

Galicia continúa sumando ingresos por coronavirus en planta (+18) e nas UCI (+3) cando o Goberno aproba o fin da obriga de levar a máscara in interiores. En total hai 747 hospitalizados; 728 en planta e 19 persoas en coidados intensivos, respectivamente. É unha cifra superior á acadada no pico da sexta vaga. 

Pola súa parte, os contaxios diarios descenden ata os 1.427.En canto aos casos activos, estes soben tamén e achéganse aos 13.000 (+97), deixando o total en 12.971.

O Sergas notificou once decesos por mor da covid–19 nas últimas 24 horas, que alzan a cifra a 3.300 falecementos desde o inicio da pandemia.

Estes datos coinciden con fin da máscara en interiores, desde este mércores 20 de abril,  salvo nos centros sociosanitarios, hospitais, residencias, farmacias e transporte público.

En Galicia, a Xunta segue a recomendar o seu uso no interior das aulas pero, con todo, desde este mércorse xa non é unha obrigación. As consellerías de Educación e Sanidade agardarán a ler o texto íntegro do Real Decreto que sairá publicado este mércores, coincidindo coa súa entrada en vigor.

O Goberno central decide retirar a máscara tendo en conta a alta taxa de vacinación en España e a caída das hospitalizacións por Covid-19, segundo Sánchez, situadas por baixo do 4%.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS