domingo, diciembre 22, 2024
InicioNewsO PaísO Congreso do PPdeG será o 21 e 22 de maio en...

O Congreso do PPdeG será o 21 e 22 de maio en Pontevedra

Coincidirá co Congreso do PP de Madrid. Será finalmente a fin de semana do 21 e 22 de maio cando o PPdeG elixirá ao seu novo líder, Alfonso Rueda, que se presentará como única candidatura (salvo sorpresas). Antes será elixido novo presidente da Xunta. Tamén o mes vindeiro.

 

Ata o 28 de abril calquera afiliado do PPdeG con 90 avais pode presentar a súa candidatura para dirixir o partido pero non parece que vaia acontecer. Os catro presidentes provinciais apoian a Rueda como sucesor de Feijóo, primeiro na Xunta e logo á cabeza do partido.

A xunta directiva do PPdeG acordou este luns por unanimidade a convocatoria do décimo oitavo congreso do partido os días 21 e 22 de maio no recinto feiral de Pontevedra. Esa fin de semana elixirase o sucesor de Feijóo.

Alfonso Rueda, actual vicepresidente da Xunta e líder do partido en Pontevedra, tomará o poder orgánico dos populares galegos, despois de recibir ao longo das últimas semanas o apoio expreso do resto de baróns provinciais.

Este congreso celebrarase a mesma fin de semana que está previsto o conclave do PP de Madrid, partido que dirixe agora  unha xestora.

Alberto Núñez Feijóo pediu na reunión da xunta directiva do PPdeG na tarde deste luns «unidade e pluralidade» para conseguir a maioría absoluta por quinta vez.

Deu tamén a benvida «a unha nova etapa» do partido en Galicia e agradeceu a xenerosidade de quen deu un paso ao lado.

Rueda polo de agora non fai declaracións como candidato único e limítase a amosarse satisfeito pola posta en marcha do congreso como proceso para elexir ao sucesor de Feijóo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS