domingo, diciembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaMos celebra o Día do Libro con contacontos e poesía

Mos celebra o Día do Libro con contacontos e poesía

Será o venres 22 na biblioteca municipal e o xoves 28 no Pazo de Mos

O Concello de Mos conmemora o Día do Libro que se celebra o vindeiro sábado, 23 de abril, con dúas actividades organizadas desde a Concellería de Cultura e nas que as persoas interesadas en participar xa poden inscribirse.
Trátase dun contacontos dirixido a cativos de 3 a 9 anos de idade titulado “Os monstros tamén teñen sentimentos”. Terá lugar na Biblioteca Municipal, sita na Porteliña, o vindeiro venres, 22 de abril, ás 18.00 horas. E as familias que desexen participar deben formalizar a súa inscrición chamando por teléfono á biblioteca, ao número 986338080.
Por outra banda o xoves, 28 de abril, no Pazo de Mos, Cristina Lago Cerqueira presentará o seu libro de poesía “Poemas para rir, chorar, ou as dúas á vez”. A presentación dará comezo ás 20.00 horas

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS