lunes, diciembre 23, 2024
InicioNewsO PaísGalicia logra unha ocupación media do 80% esta Semana Santa

Galicia logra unha ocupación media do 80% esta Semana Santa

O tempo soleado conseguiu que Galicia pechase a Semana Santa cunha ocupación media por riba do 80%. No caso de destinos turísticos como Ferrol, Ourense Santiago de Compostela, a Mariña lucense ou Ribeira Sacra a ocupación foi mesmo maior, situándose entre o 90% e o 100% nalgúns casos.

O turismo, que se incrementou considerablemente coas reservas de última hora a partir do xoves, foi maioritariamente de orixe nacional e de proximidade.

O Camiño de Santiago no marco da celebración deste Xacobeo 21-22 xogou un papel fundamental neste bo comportamento na chegada de viaxeiros, conseguindo unha media de máis de 2.200 peregrinos diarios durante os días festivos, o que se traduciu na chegada de máis de 8.700 peregrinos entre o Xoves Santo e o Domingo de Pascua.

Por provincias e territorios, destacou o bo comportamento da provincia da Coruña, onde Santiago e a Coruña cumpriron expectativas de ocupación, situadas ao redor do 80% que foron dun 90% en Ferrol durante os días grandes mentres que a Costa da Morte a ocupación foi ao redor do 60%.

Na provincia de Pontevedra, Sanxenxo tamén marcou unha media de ocupación do 80% das súas prazas hostaleiro, que mesmo roldou o 90% nos hoteis de máis categoría. En Vigo a ocupación quedou ao redor do 70% mentres que na provincia de Lugo foi a Mariña lucense a que conseguiu as mellores cifras de ocupación, cun 75%, xunto á Ribeira Sacra en que a ocupación estivo ao redor do 80%, con cifras mesmo superiores nos establecementos de turismo rural.

Finalmente a provincia de Ourense non quedou atrás, marcando unha ocupación de xoves a domingo ao redor do 80%. En termos xerais cumpre destacar que os establecementos turísticos con maior categoría e os rurais foron as tipoloxías reguladas que marcaron os mellores resultados de ocupación na que foi a primeira Semana Santa sen apenas restricións e na que os viaxeiros mostraron non só gaña de viaxar se non que tamén se decantaron por destinos turísticos de calidade e seguros como é o destino Galicia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS