domingo, diciembre 22, 2024
InicioNewsO PaísRueda relevará a Feijóo como presidente da Xunta e do PPdeG

Rueda relevará a Feijóo como presidente da Xunta e do PPdeG

Era a proposta de Feijóo e hai consenso para seguir a folla de ruta do agora presidente do PP nacional. Feijóo dimitirá para que Alfonso Rueda sexa o novo presidente de Galicia en maio. Tamén será o novo presidente do PPdeG a través dun congreso que se celebrará en maio cunha lista única e consensuada.

 Os baróns do PP de Galicia aceptan que o vicepresidente primeiro da Xunta releve a Feijóo nos dous postos como líder. Rueda, de 54 anos, será o presidente galego e tamén será o presidente do Partido Popular de Galicia.

O último presidente provincial en aceptar esta vía foi o ourensán, Manuel Baltar. Se ben, finalmente hai consenso. Feijóo antes de marchar quere deixar un partido unido, sen fisuras e encargouse de falar con todos os baróns do Partido Popular galego para que haxa entendemento entre eles e apoio a que o actual presidente deo PP de Pontevedra o sucesa e sexa tamén o presidente galego do PP concorrendo como cabeza dunha lista única ao Congreso que o PPdeG podería celebrar a finais de maio, ao xeito que se fixo en Sevilla co PP nacional.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS