lunes, diciembre 23, 2024
InicioComarcasLouriña200 ciclistas disputaron o III Enduro Faro de Budiño

200 ciclistas disputaron o III Enduro Faro de Budiño

A proba, organizada pola Asociación Deportiva A Forna coa colaboración do Concello do Porriño, está incluída no calendario da Copa de Galicia de Enduro

Un total de 200 deportistas participaron o domingo 10 de abril na terceira edición do Enduro Faro de Budiño. O evento deportivo, organizado pola Asociación Deportiva A Forna en colaboración co Concello do Porriño, foi presentado polo alcalde, Alejandro Lorenzo, o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, e representantes da organización, Eloy Hermida e Manuel del Gesso.
A proba incluída na Copa de Galicia de Enduro disputouse na parroquia de Budiño e constou de 5 tramos de enlace e 5 cronometrados individuais que entre eles suman unha distancia aproximada de 30 km e desnivel positivo de 1200 m.
Foron nove as categorías que aglutinaron aos participantes na proba da que os organizadores destacaron a “súa vistosidade”.
O concelleiro de Deportes, destacou que “para o Concello do Porriño todas as modalidades deportivas son igual de importantes” e tamén o feito de que “se leve a cabo na parroquia de Budiño, que conta cun entorno impresionante. O Faro de Budiño é un bo escenario para este tipo de probas”. O edil explicou que un dos obxectivos do novo executivo é levar o deporte ás parroquias e reiterou o apoio do Concello á AD A Forna en todas as iniciativas deportivas que propoña. “Este é o inicio dunha relación, entre o Concello e o club, que ten que durar moitos anos porque estou seguro que vai ser un club moi importante neste concello”.
No mesmo sentido se expresou o alcalde, que reiterou o seu apoio á AD A Forna e salientou o “gran traballo que fan”. “O Concello do Porriño seguirá apoiando o deporte, abrindo os eventos deportivos a todo o termo municipal”, concluíu Lorenzo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS