viernes, septiembre 20, 2024
InicioComarcasO CondadoReparada a reixa do parque da Feira Vella de Ponteareas

Reparada a reixa do parque da Feira Vella de Ponteareas

Un tramo da reixa que pecha o parque da Feira Vella de Ponteareas apareceu totalmente extraída na rúa do Castañal. O Concello de Ponteareas enviou a persoal municipal este luns pola mañá para a súa reparación.

Desde o Concello de Ponteareas aseguran descoñecer a que puido deberse o estado no que apareceu, colocada en vertical apoiada contra o peche do parque pero totalmente extraída de ámbolos dous postes de suxeición.

Como posibilidade barállase a posibilidade de que se tratase dunha acción de vandalismo durante a fin de semana.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS