Serán 18 asfaltados en todas as parroquias, preto de 9 quilómetros
O Concello de Mos mantén o seu compromiso anual de desenvolver un Plan de Mellora de Camiños Municipais en aras de optimizar a seguridade vial no viario local.
O Plan que se executará durante o presente ano 2022 xa está aprobado e iniciado o procedemento de contratación da empresa que acometerá as obras de mellora da pavimentación. O inicio do expediente levouse esta mesma semana a aprobación en Xunta de Goberno Local, segundo informaron a alcaldesa, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto.
Con este contrato, que se financia con fondos propios da administración local mosense e ascende a preto de 400.000 euros, mellorarase a seguridade viaria mediante a reposición do firme en 17 camiños municipais de todas as parroquias mosenses, que suman unha lonxitude total de 5 quilómetros.
O Concello de Mos ten como obxectivo que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria, é por elo que se promoven estes 17 novos asfaltados no termo municipal.
Ademais, proximamente iniciarase tamén o procedemento de contratación da mellora da Estrada da Vía na súa lonxitude total de 3,5 quilómetros. Obra que se financiará con cargo ao Plan Concellos cun importe de 354.928,61 euros.