lunes, enero 13, 2025
InicioComarcasLouriñaAberto o prazo para participar no programa Depotermal 2022

Aberto o prazo para participar no programa Depotermal 2022

As persoas interesadas poden tramitar a súa solicitude no Departamento de Servizos Sociais do Concello.

O Concello do Porriño informa de que o prazo para inscribirse en “Depotermal 2022” está aberto ata o vindeiro 3 de maio.

Os interesados en participar neste programa de termalismo poderán tramitar a súa solicitude no Departamento de Servizos Sociais do Concello do Porriño, de luns a venres, de 9h a 15h.

O programa está destinado a persoas nacidas antes de 1972, pensionistas, persoas cun recoñecemento do grao de diversidade igual ou superior ao 65%, amais de aquelas que precisen dun respiro familiar.

Depotermal consta de dúas modalidades: asistencia diúrna e con pernoctación. A primeira delas consiste en pasar 5 mañás ou tardes consecutivas nun balneario da provincia e a segunda en desfrutar de estancias de domingo a venres en balnearios ou hoteis con spa, en réxime de pensión completa.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS