Sevilla acolle hoxe e mañá o XX Congreso Nacional do PP no que Alberto Núñez Feijóo será elixido presidente. O Partido Popular volverá ter un presidente galego para o que Feijóo compromete «traballo».
Miguel Tellado, asume a presidencia do PPdeG como interino:
Con Cuca Gamarra como secretaria xeral do partido e Elías Bendodo como coordinador xeral, arranca o congreso extraordinario no que o PP delega en Feijóo a misión de ofrecer unha alternativa de Goberno para España ao actual bipartito de Pedro Sánchez e Unidas Podemos.
Segundo avance o Congreso iranse coñecendo os nomes do resto da nova cúpula que liderará Feijóo.
Celébrase desde as 11,35 horas no Palacio de Congresos e Exposicións de Sevilla. Os hoteis e restaurantes están cheos e a demanda subiu os prezos na capital hispalense.
Pouco despois do mediodía Feijóo entrava este venres no recinto acompañado dos que serán as súas segundos espadas: Cuca Gamarra e Elías Bendodo.
Feijóo levou durante o acto a máscara do Xacobeo 2022.
Recibiu unha prolongada ovación dos máis de 3.000 compromisarios que asisten ao conclave.