Juan Carlos Carrera pide que BNG e PSOE se senten a negociar a continuidade da asociación no local que ocupan no primeiro andar de Ponte Solidario.
Entrevista co líder de ACIP Juan Carlos Carrera:
Pola súa banda, a asociación Ponte Solidario confirma á redacción de Si Radio que poderá seguir no local ata xullo e que, a partir dese mes, segundo lles trasladou o Concello, terán que negociar coa Xunta de Galicia, que se fará cargo da Estación de Autobuses de Ponteareas «tras romper o Concello o acordo para o seu uso municipal con fins sociais», tal e como explica a administración autonómica. A Xunta confirmou que xa lle «solicitou a entrega por parte do Concello da documentación necesaria para formalizar o traspaso, así como os contratos que permitan manter a actividade nos locais ocupados do primeiro andar ocupados con fins sociais».