A superficie edificada destruída é de 5.268 metros cadrados afectando a un total de 6 empresas que emplean a uns 200 traballadores.
As chamas sorprenderon na madrugada do pasado domingo ao polígono empresarial do Rebullón, no Concello de Mos.
Unha catástrofe que afecta diversas actividades económicas e pon en perigo a propia supervivencia das empresas afectadas, un total de 6: R. Barreiro Embalajes, Transportes García Guisado, Casa das Toalhas, Elecnor e Transpais.
O inmoble afectado polo incendio está constituído por dous edificios, unidos por paredes medianeiras. Neles desenvolvía a súa actividade esta media ducia de empresas, en dúas plantas, sendo as máis afectadas as catro situadas no nivel superior
A superficie afectada corresponde a 2.379 metros cadrados de parcela na cal se sitúan as dúas edificacións, sendo a superficie edificada destruída, 5.268 metros cadrados.
Solidariedade dende o empresariado mosense
En Si Radio falamos co xerente de Aemos, Francisco Domínguez: