Cinco medallas de ouro individuais e un bronce por equipos foi o palmarés acadado polo clube mosense o pasado domingo no Pavillón Óscar Pereiro.
O pasado domingo, 20 de marzo, celebrouse na Piscina Municipal do Pavillón Óscar Pereiro o CAMPIONATO GALEGO DE FONDO MASTER XIII MEMORIAL GERARDO STEUDEL organizado polo Club Natación Mos. A competición autonómica contou coa participación de 113 deportistas pertencentes a 18 clubes galegos.Era a primeira vez que a Piscina Municipal do Pavillón Óscar Pereiro albergaba un campionato destas características.
O equipo do Club Natación Mos estivo formado por 6 nadadores de categoría masculina e os seus obxectivos pasaban por estar entre os primeiros clasificados, meta que conseguiron máis que con creces acadando 5 medallas de ouro e un 3° posto por Clubes en categoría masculina.
Os 6 nadadores do Club Natación lograron 5 metais dourados e un 3° posto por Clubes. Cos seguintes resultados:
– 1500 Libre Masculino:
o Adrián Trillo ouro en categoría +25.
– 800 Libre Masculino
o Pedro Castro ouro en categoría +20.
o Nicolás Pexegueiro 7° en categoría +45.
o Alberto Trincado ouro en categoría +55.
o Ricardo Rodríguez ouro en categoría +65.
o Andrés Rodríguez ouro en categoría +70.
Desde o Concello de Mos quíxose trasladar a noraboa a todos os medallistas e competidores do Club Natación Mos, así como aos clubes Hércules e Ponteareas polos postos de 1° e 2° posto por Clubes, respectivamente.