As atencións correspóndense con intervencións dos servizos gratuítos de Atención psicosocial a pacientes avanzados, Atención psicolóxica e Traballo Social.
A Asociación Española Contra o Cancro en Baixo Miño levou a cabo un total de 50 intervencións a pacientes oncolóxicos e aos seus familiares, no pasado 2021 no municipio do Rosal.
Así, realizaron 24 intervencións de atención psicosocial a pacientes en final de vida e aos seus familiares, 10 atencións en psicoloxía, 16 intervención na área de traballo social cos servizos de información e orientación, axudas económicas, reparto de alimentos, préstamo de material ortoprotésico (camas, andadores, perrucas, etc)e inserción laboral.