viernes, enero 10, 2025
InicioComarcasLouriñaMos inaugura as I Xornadas de Intervención e tratamento da violencia contra...

Mos inaugura as I Xornadas de Intervención e tratamento da violencia contra as mulleres

O programa de conferencias, mesas redondas e sesións prácticas, prolongarase ata o 1 de abril

 

O Pazo de Mos acolleu a xornada inaugural das “I Xornadas de Intervención e tratamento contra a violencia” que a concellería de Política Social e Igualdade e o CIM de Mos organizan dentro da programación conmemorativa do 8M, Día Internacional da Muller, que se prolonga durante todo este mes de marzo.

A Xornada de hoxe leva por título “A coeducación como forma de prevención da violencia de xénero” e conta como moderadora con Ana Mª Rodríguez Cabaleiro, avogada CIM MOS, e como ponente con Marina Marroquí. Ambas estiveron acompañadas pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e pola concelleira de Política Social e Igualdade mosense, Sara Cebreiro.

Os temas tratados esta tarde foron a tratar o concepto de coeducación, a caracterización do sistema patriarcal e distribución do poder, os axentes socializadores e a perspectiva de xénero na práctica profesional.

As Xornadas de intervención contra a violencia de xénero celébranse durante as tardes dos días 24, 25, e 31 de marzo e 1 de abril.

Son impartidas e moderadas por técnicos (xuízas, mestras, psicólogas, avogadas… entre elas Marina Marroquí, que é escritora e Educadora Social) e Concepción Cendón, psicóloga forense, Asunción Lois, avogada responsable da quenda de oficio de vítimas de violencia do Colexio de Avogados de Vigo, María Martínez, Asunción Ávarez, Felisa Balboa, Olegaria Mosquera, Belén Rubido, Rosana Izquierdo, Elena Molanes e Isabel Ramos.

As “Xornadas de intervención interdisciplinar e tratamento da violencia contra as mulleres”, celébranse en horario de 16.00 horas a 19.00 horas. 

Estas Xornadas son de suma importancia para dotar de recursos formativos ao personal municipal e implementar a perspectiva de xénero en todos ámbitos da vida municipal, así como implicar a todos e  todas  na  loita  contra esta lacra  social.

Con estas Xornadas de carácter multidisciplinar quérense adoitar medidas en todos os ámbitos que interveñen nun caso de violencia machista, potenciar e consolidar servizos e programas para proporcionar unha coordinación integral de todos os departamentos municipais e dar unha resposta eficaz, rápida e homoxénea na intervención coas vítimas dos malos tratos.

A importancia destas intervencións, impón establecer un protocolo de actuación como unha ferramenta imprescindible, que permita coordinar o traballo que se realiza no ámbito da intervención na violencia contra as mulleres e compartir unha mesma metodoloxía os diferentes recursos humanos e axentes do municipio. Estes protocolos permiten definir as competencias e funcións dos diferentes recursos e establecer sistemas de comunicación estables entre os profesionais que interveñen neste ámbito.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS