A artista de Salvaterra de Miño vén de lanzar o seu primeiro EP, Arraial.
Todo comezou en 2016 e case sen querer. Debido a un proceso de dó, a raiana Erea Castro chegou ao xénero do fado e, con el, «desafoguei como nunca antes o fixera». A partir dese momento, cun camiño «complicado», a de Salvaterra de Miño estendeu o fado aos dous lados do Miño. Agora, co seu primeiro EP, Arraial, quere levar a cultura miñota aos municipios galegos e portugueses porque «amáis temos moitas sorpresas preparadas».
Podes escoitar a entrevista completa aquí: