A novena edición da carreira desenvolverase polo casco urbano e por algunhas das sendas do municipio.
O vindeiro 8 de maio celebrarase de novo, a carreira popular “Corre por Salceda”, que este ano se retomará cumprindo a súa IX edición, despois do obrigado parón provocado pola pandemia.
Trátase dunha proba organizada pola Concellería de Deportes e as Escolas Deportivas Municipais, que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
A carreira se desenvolverá polo casco urbano e por algunhas das sendas do municipio, e constará das seguintes categorías:
• Categoría absoluta(anos 2006 e anteriores) de 10 km e 5 km con saída conxunta as 10.30 horas
• Resto de categorías(escolares e menores) con saída a partires das 12.15 horas
A categoría absoluta de 10 km de distancia será, como en anteriores edicións, proba puntuable (ruta) para o Circuíto Galego de Carreiras Populares 2021/2022.
A entrega de premios realizarase na Praza do Concello a partir das 13.00 horas.
As persoas participantes deberán inscribirse na páxina www.championchipnorte.com ata o próximo martes 3 de maio e poden obter toda a información necesaria na páxina do concello www.deportesalceda.gal ou dirixíndose a Concellería de Deportes ou ás Escolas Deportivas Municipais.
Rubén González Coto, concelleiro de Deportes destacou “a satisfacción de que o Concello poida reanudar paulatinamente as diferentes probas e eventos do seu calendario deportivo con total normalidade e máxima afluencia de participantes”.
A alcaldesa Verónica Tourón indicou que “retomamos con moita ilusión algunhas citas e actividades deportivas no noso concello co obxectivo fundamental de mellorar o benestar físico e mental das persoas participantes despois destes dous duros anos de pandemia”.