A comisaria xefa da Policía Nacional en Pontevedra, Estíbaliz Palma, foi cesada tras filtrarse un audio no que, en referencia á actuación policial en Cataluña, afirmou » xa lles gustaría a algunhas que as violase un UIP (antidisturbios)».
Esta conversación, que foi difundida por eldiario.es, foi gravada nunha comida celebrada en Vigo en homenaxe a un axente da unidade UIP (antidisturbios) obrigado a xubilarse polas secuelas das feridas que sufriu durante os disturbios contra a sentenza do «procés».
No acto, no que se proxectou un vídeo do ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska, dirixido ao axente, a comisaria referiuse ás críticas que recibiu a Policía polo seu papel nestes incidentes.
«Houbo 48 horas en que parecía que a Policía Nacional transformouse e, de súpeto, violaba, maltrataba e non sei que cantas cousas facía máis, que xa lles gustaría a algunhas que as violase un UIP (antidisturbios)», afirmou.
Fontes do Ministerio do Interior confirmaron que a Dirección Xeral da Policía tomou este luns a decisión de cesar á comisaria de Pontevedra que, segundo engaden, admitiría a veracidade dos audios publicados.
Palma reflexiona na súa intervención sobre as críticas que recibiu a actuación policial en Cataluña onde «houbo 48 horas en que parecía que a Policía Nacional transformouse e, de súpeto, violaba, maltrataba e non se que cantas cousas facía máis».