O Club de Natación trouxo para Mos numerosas medallas das últimas competicións nacionais e autonómicas nas que participou
Con tal motivo, o Concello de Mos acolleu unha recepción ao Club Natación Mos na que estiveron presentes parte dos nadadores/as homenaxeados; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o concelleiro de Deportes, José Areal; demais membros da corporación municipal; Daniel Benavides, xefe de servizo do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; Adrián Trillo, vicepresidente do Club Natación Mos; Juan Ferrón, secretario do Club Natación Mos; Carlos García, vogal do Club Natación Mos e Andrés Carrera, vogal de Augas Abertas da Federación Galega de Natación.
Os resultados do Club Natación Mos polos foron galardoados son:
1) Campionato Galego Master de Inverno:
- Marcelo Jorge categoría +55: 1° posto nas probas de 50 braza, 100 braza e 100 estilos.
- Ricardo Rodríguez categoría +60: 2° posto nas probas 50,100e 200 libres e 1° posto en 100 braza.
- Marcos Cerdeira: categoría +55: 2° posto nas probas 100 braza e 100 estilos.
- Andrés Rodríguez categoría +60: 1° posto nas probas de 50 mariposa, 100 espalda, 100 braza e 100 estilos.
- Ana Morgadas categoría +25: primeiro posto na proba de 100 libres feminino +25 e primeiro posto na proba de 50 libres feminino.
- Roi Rodríguez categoría +25: segundo posto nas probas de 100 libres e 50 braza masculino e terceiro posto nas probas 50 mariposa masculino e 50 libres masculino +25.
- Carlos García categoría +25: terceiro posto en 100 estilos masculino.
- Relevo 4×50 Estilos +24: Prata.
2) Galego Infantil- Junior: Categoría Junior:
- Antía Costas Bronce 50 costas
Categoría Infantil:
- Eva Martínez: bronce 100 e 200 costas, con mínima nacional nos 100 Costas
- Carolina Pereiro: prata 100 Braza.
3) Campionato España Máster:
- Marcelo Jorge: 2° 100 costas e 50 Braza e terceiro 100 Braza categoría +55
- Andrés Jesús: 1° 200 Braza e 100 Braza e 3° 50 Costas e 100 Costas
4) Campionato España infantil de inverno:
- Carolina Pereiro participou nas probas de 100 e 200 Braza estando en ambas probas entre as 10 mellores do seu ano. Carolina logra ser a deportista con máis participación nun campionato de España, sendo esta a súa 3ª participación, con mínima para a edición de Verán nas probas de Braza. Forma parte do Grupo Especial de Seguemento da Federación Galega de Natación.
Campionato Galego de Fondo Master
O XIII Memorial Gerardo Steudel celebrouse o pasado domingo, 20 de marzo, contando coa participación de 113 deportistas pertencentes a 18 clubs galegos.
É a primeira vez que a piscina municipal do Pavillón Óscar Pereiro alberga un campionato destas características.
O equipo do Club Natación Mos estivo formado por 6 nadadores de categoría masculina.