Alberto Núñez Feijóo deixará de ser presidente de Galicia «a partir de abril» e o seu relevo será «sereno», así o anunciou o mandatario galego. Os estatutos do partido obríganlle a deixar de ser presidente do PPdeG para ser presidente nacional. En cambio si podería seguir sendo presidente galego, pero non o vai facer.
«Faremos unha substitución serena e previsible», así o adiantou Feijóo, en referencia ao seu abandono da presidencia da Xunta unha vez que sexa elixido presidente do PP nacional tras o congreso extraordinario que se celebrará os días 1 e 2 de abril en Sevilla.
Feijóo situara fai unhas semanas»a partir de maio» o seu trapaso de cargo no ámbito institucional galego pero finalmente será antes. Será un par de semanas despois de ser elixido presidente nacional cando dará o relevo na Xunta.
O relevo será «pausado, medido, sereno e previsible» na presidencia da Xunta, segundo dixo.