sábado, noviembre 30, 2024
InicioNewsO PaísGalicia urxe medidas económicas ao Goberno antes de fin de mes

Galicia urxe medidas económicas ao Goberno antes de fin de mes

Despois de que o Goberno anunciara que baixaría a luz, o gas e a gasolina o 29 de marzo. Feijóo urxiu hoxe medidas máis inmediatas porque a cidadanía «non chega a fin de mes» debido a crise xerada pola invasión rusa de Ucraína.

 Feijóo:

O presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo anunciou a posta en marcha inmediata de medidas para paliar «en parte» a suba de prezos das últimas semanas e reclamou ao Goberno que actúe xa, «onte mellor que mañá», para reducir os prezos enerxéticos e de combustible, xa que «non pode estar de brazos cruzados» esperando a que Europa tome decisións.

«Non podemos esperar a fin de mes, porque a xente non chega a fin de mes», asegurou o presidente da Xunta, en referencia ao anuncio do Goberno de adoptar decisións no Consello de Ministros do próximo día 29 de marzo.

A situación en Galicia é «límite en moitos sectores», tanto pola alza de prezos, que xa era un problema anterior á guerra e que se agudizou, como pola folga de transporte, que ten a comunidade autónoma «colapsada».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS