En Galicia hai 19.589 persoas con coronavirus arestora, logo que se diagnosticaran 2.000 novos positivos en 24 horas. Nos hospitais continúan os ingresos COVID por baixo dos 400, aínda que houbo 8 hospitalizacións máis na última xornada.
En Galicia rexistrándose 2.083 novos positivos de coronavirus na última xornada.
Por áreas sanitarias soben todas, agás a de Ourense e a de Pontevedra, que baixan:
A Coruña: 4.201 (+57)
Vigo: 3.497 (+103)
Ourense: 2.705 (-97)
Santiago: 3.116 (+11)
Lugo: 2.386 (+14)
Pontevedra: 2.084 (-54)
Ferrol: 1.508 (+63)
Nos hospitais, os ingresos por COVID continúan por baixo dos 400. Con todo ingresaron 8 persoas máis na última xornada: Son 26 os hospitalizados en UCI e 360, en planta.
O Sergas notificou 5decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 3.162 falecementos desde o inicio da pandemia.