viernes, noviembre 29, 2024
InicioComarcasO CondadoA Xunta garante o funcionamento da estación de Ponteareas

A Xunta garante o funcionamento da estación de Ponteareas

A Xunta garantirá o correcto funcionamento da estación de autobuses de Ponteareas tras romper o Concello o acordo para o seu uso municipal con fins sociais.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou en febreiro o contrato para a explotación das estacións de autobuses de Cambados, Cangas, Ponteareas e Vigo para os vindeiros 5 anos, por un valor estimado de máis de 2,4 millóns de euros (sen IVE).

O contrato para a explotación deste servizo foi adxudicado á Unión Temporal de Empresas Mantenimientos y Servicos de Galicia S.L. y Transportes La Unión, S.A.

A través dese contrato, a Xunta asumirá a xestión do edificio completo da estación, unha vez que o Concello de Ponteareas decidiu romper as negociacións coa Xunta para dispoñer do primeiro andar do edificio e destinalo a usos sociais e financiar o 50% dunha obra de remodelación da terminal por importe de 500.000 euros.

A Xunta e o Concello de Ponteareas chegaron a un acordo neses termos o pasado ano e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade consignou unha partida orzamentaria de 250.000 € para financiar o 50% das obras neste ano 2022. Sen embargo, ao intentar avanzar na tramitación do convenio atopouse coa falta de resposta por parte do Concello de Ponteareas, que finalmente trasladou a súa vontade de mudar os termos do acordo, de forma que fose a Xunta a que asumise o importe íntegro das obras neste ano. Ao comunicar a Xunta a falta de dispoñibilidade orzamentaria para responder a esa petición, o Concello de Ponteareas comunicou o fin das negociacións e desistiu do acordo.

Por tal motivo, tras notificar o Concello de Ponteareas a súa decisión de deixar de xestionar a estación de autobuses, a Xunta solicitou a entrega por parte do Concello da documentación necesaria para formalizar o traspaso, así como os contratos que permitan manter a actividade nos locais ocupados do primeiro andar ocupados con fins sociais.

A Xunta acometerá as obras necesarias para garantir o correcto funcionamento da estación de autobuses unha vez que asuma a súa explotación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS