jueves, noviembre 28, 2024
InicioO PaísOurenseO Edificio da antiga prisión de Ourense poderá albergar a nova sede...

O Edificio da antiga prisión de Ourense poderá albergar a nova sede da UNED

A proposta ten a intención de dar novo uso público a este inmoble, de titularidade municipal.

O Concello de Ourense proporalle á Universidade Española de Educación a Distancia (UNED) que a antiga cárcere, da rúa do Progreso, sexa a súa nova sede na cidade.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, convocará unha xuntanza do Consorcio da UNED para trasladarlles esta proposta, e “tomar un acordo de forma consensuada”.

Jácome propón unha rehabilitación que contribúa a dinamizar a contorna na que se atopa. “Sería unha opción perfecta, xa que lle daría moito lustre á zona coa reconversión deste edificio”, afirma.

En caso de que a proposta fose rexeitada pola UNED, o alcalde asegura que acometerá a reforma do edifício para acoller dependencias municipais. De feito, explica que xa está encargada a redacción do anteproxecto para a rehabilitación do edificio. “Contratamos o anteproxecto de rehabilitación do edificio e simplemente temos que definir cal va ser o seu uso”, explica Pérez Jácome.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS