jueves, noviembre 28, 2024
InicioNewsO PaísO corpo da muller atopada morta no Carballiño presentaba múltiples golpes

O corpo da muller atopada morta no Carballiño presentaba múltiples golpes

A Garda Civil inicia un proceso de investigación para aclarar a causa da morte

A Garda Civil abriu unha investigación para tratar de esclarecer as causas da morte de Mila Marchetti, unha muller de 38 anos, residente no Carballiño, cuxo cadáver apareceu no punto limpo deste concello ourensán. Segundo informaron fontes da investigación, o cadáver presentaba múltiples golpes.
O corpo foi encontrado na noite do sábado, nun contedor de gran tamaño que cumpre a función de levar os residuos a Sogama, por un operario que estaba a traballar na planta de transferencia de residuos do Carballiño. Ao achegarse, decatouse de que había unha persoa sen vida e chamou á Garda Civil.
De nacionalidade brasileira, Mila tiña unha filla de 17 anos e, segundo fontes policiais, casouse facía unha semana co fillo do dono do club de alterne Ninfas, en Listanco (Maside).
Até o momento aínda non se deron a coñecer os resultados da autopsia. Decretouse o secreto das actuacións e descoñécense, por agora, máis detalles.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS