martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsO PaísO exmozo de Déborah declárase "inocente" ante a xuíza en Tui

O exmozo de Déborah declárase «inocente» ante a xuíza en Tui

O  único investigado pola desaparición e a morte da viguesa Déborah Fernández en 2002, daquela o seu mozo, declarou a súa «inocencia» esta mañá no xulgado en Tui e negou que estivera con ela o día que desapareceu.  Respostou ás preguntas do seu avogado, da xuíza e da Fiscalía. Era a súa primeira comparecencia en 20 anos.

O investigado defendeu a súa inocencia nunha comparecencia que durou pouco menos de dúas horas. Respondeu ás preguntas do seu avogado, a xuíza e o ministerio fiscal, non así ás da acusación particular. Negou que estivera con Déborah Fernández o día da súa desaparición.

Foron unhas respostas que segundo o avogado da familia de Déborah dista moito das efectuadas ante a policía

O investigado, que era parella de Déborah cando aparece morta nunha cuneta no Rosal, accedeu ao xulgado coa súa defensa e foi recibido por unhas 30 persoas, familiares e amizades íntimas da moza, que portaban pancartas con fotos dela e o eslogan «Xustiza para Deborah».

A citación como investigado de quen a Policía chegou a apuntar como principal sospeitoso prodúcese ás portas de que o caso prescribise o vindeiro mes de maio, aínda que esa citación paralizou os prazos.

A súa declaración coincide coa chegada dos resultados do Instituto Nacional de Toxicoloxía, tras a análise das mostras recollidas do cadáver de Déborah, cuxo cadáver foi atopado nunha cuneta do concello do Rosal días despois de ter desaparecido mentres practicaba deporte, confirmaron a presenza de ADN masculino nunha das súas unllas.

A irmá da vítima amosou a súa «esperanza» en que o xulgado acepte a petición da familia de ampliar as probas periciais de ADN e buscar marcadores xenéticos nas mostras localizadas nas unllas.

Respecto ao cabelo achado tras a exhumación de Débora, os estudos de toxicoloxía determinaron que se trata dunha fibra de PVDC, material empregado para o envasado de alimentos, entre outros usos. 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS