miércoles, noviembre 27, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoAs redeiras non queren que "despois de tanta loita" se perda o...

As redeiras non queren que «despois de tanta loita» se perda o oficio

A Asociación de Redeiras Atalaia ofrece formación para poder exercer a profesión.

A Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia, en colaboración coa Federación Galega de Redeiras, atópase organizando un curso gratuíto de Confección e Mantemento de Artes e Aparellos, necesario para poder exercer a profesión de redeira.

As redeiras, ou atadeiras como máis comunmente as coñecemos na Guarda, son as profesionais que se dedican á confección, reparación e mantemento de artes e aparellos de pesca. Trátase dunha profesión de carácter fundamentalmente manual e require dunha cualificación específica. Na actualidade, as condicións de traballo destas profesionais distan enormemente das condicións do pasado, segundo conta Marina Álvarez para os informativos de Si Radio.

 

A asociación decidiu poñer en marcha esta iniciativa ante a súa preocupación pola falta de relevo xeracional, xa que nun breve período de tempo varias delas obterán a xubilación, e a aquelas que quedan en activo lles resultará moi complicado asumir a carga de traballo que teñen. Esperan así mesmo que a acción formativa teña boa acollida porque entenden esta vía laboral como unha boa oportunidade de traballo estable na propia vila. Destacamos que o curso será gratuíto, terá unha duración de 300 horas e levarase a cabo na Guarda en colaboración co Concello, que cederá un aula para impartir a parte teórica do mesmo.

Todas as persoas interesadas en recibir máis información ou inscribirse no mesmo deberán poñerse en contacto coa asociación no teléfono 699 96 32 50 ou na dirección de correo electrónico asociacionredeirasatalaia@hotmail.com, ou directamente na nave de redeiras sita no Porto da Guarda.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS