Nos hospitais galegos hai arestora 397 persoas ingresadas con coronavirus. A cifra baixa por fin dos 400 ingresos, despois de que recibisen a alta médica 19 persoas na última xornada. Con todo os contaxios diarios soben, con case 2.000 novos positivos detectados en 24 horas.
Son un total de 17.46, as persoas con coronavirus en Galicia. Na última xornada diagnosticáronse 1.904 novos positivos. É o maior incremento en dúas semanas.
Todas as áreas sanitarias soben os seus casos:
A Coruña: 3.535 (+150)
Vigo: 3.124 (+42)
Ourense: 2.504 (+123)
Santiago: 3.016 (+94)
Lugo: 2.106 (+85)
Pontevedra: 2.104 (+52)
Ferrol: 1.002 (+64)
A ocupación hospitalaria descende por baixo dos 400 ingresados: en planta (-19) e en UCI (-1), baixando así das 400 hospitalizacións.
Hai, en total 397 persoas ingresadas, 367 e 30 respectivamente.
O Sergas notificou dous decesos máis por mor da covid na última xornada, que alzan a cifra a 3.138 falecementos desde o inicio da pandemia.