domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño e FEGADACE colaboran na sensibilización e prevención do dano cerebral

Porriño e FEGADACE colaboran na sensibilización e prevención do dano cerebral

O Centro Cultural acollerá unha actividade informativa o venres 25 de marzo.

A información sobre o dano cerebral adquirido chega ao Porriño pola man da colaboración entre o concello e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE). Unha das principais liñas de actuación da Federación é a información e sensibilización, cos obxectivos de dar a coñecer a realidade das persoas con dano cerebral, pero tamén de axudar a previr esta discapacidade, que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia.

A actividade informativa está dirixida a todo tipo de público e nela a traballadora social de FEGADACE vai falar da prevención das principais causas do dano cerebral (o ictus -que está detrás do 78% dos casos- e os accidentes de tráfico), e do modelo de atención e rehabilitación que se desenvolve nas asociacións galegas de dano cerebral, ditado polo Ministerio de Sanidade a través do Imserso. Centrarase especialmente en presentar o recurso asociativo máis próximo ao concello do Porriño: Alento, a Asociación de Dano Cerebral de Vigo, de ámbito provincial.

Esta charla vai ter lugar o venres 25 de marzo ás 18:30 h. no Centro Cultural. Para asistir é recomendable inscribirse en calquera dos seguintes números de teléfono 881 943 148 ou 652 770 653. A organización desta actividade conta coa colaboración do Concello do Porriño e co financiamento da Consellería de Política Social.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS