sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasO CondadoO PSOE de Ponteareas denuncia que o BNG incumpre o pacto de...

O PSOE de Ponteareas denuncia que o BNG incumpre o pacto de goberno

A concelleira socialista, Vanesa Fernández, explica que se enteraron polas Redes Sociais de que o Bloque remitira á oposición o borrador dos orzamentos.

O PSOE de Ponteareas, que goberna en coalición co BNG na vila do Tea dende hai dúas lexislaturas, denuncia que o seu socio de goberno incumpre o pacto na elaboración dos orzamentos. A xestora dos socialistas reuniuse esta semana «con carácter de urxencia», segundo fai saber a formación, para analizar ese incumprimento do pacto de goberno asinado polas formacións.

O socio minoritario califiou os feitos de «moi graves» e consideran «unha falta de lealdade absoluta que se tivesen remitido uns orzametnos municipais á oposición sen consensuarlos no seo do goberno, tal e como establece o pacto de goberno». Neste contexto, «o PSOE non vai aceptar a presión que agora intenta impoñer o BNG para aceptar uns orzamentos sen consenso previo que non recollen as necesidades para a xestión ordinaria de determinadas áreas imprescindibles para os socialistas como o emprego» posto que buscan que vaian na «liña dos fondos Next Generation do goberno de Pedro Sánchez», afirman dende a xestora.

Relación de Postos de Traballo

Tampouco o BNG consensuou co seu socio de goberno a Relación de Postos de Traballo, o documento onde aparecen todas as necesidades de persoal do Concello, polo que «volven a incumprir o pacto de goberno».Tanto o documento dos orzamentos como a da RPT o Bloque pretende levalo para a súa probación.

Escoita a entrevista completa nos informativos de Si Radio coa concelleira socialsita de Ponteareas, Vanesa Fernández:

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS