domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasVal de MiñorO 75% das probas de droga que se realizon na Arribada deron...

O 75% das probas de droga que se realizon na Arribada deron positivo indiciario

A Garda Civil realizou 1.951 probas de alcol e drogas con motivo da Festa da Arribada de Baiona nas que se detectaron 60 condutores que deron positivo en alcol e o 75% das probas de drogas deron resultado positivo indiciario.

Con motivo do dispositivo especial que se estableceu a pasada fin de semana con ocasión da Festa da Arribada de Baiona, os efectivos da Agrupación de Tráfico da Gada Civil realizaron preto de 2.000 probas de alcol e drogas na rede viaria do termo municipal de Baiona e a súa comarca. No marco deste dispositivo de seguridade viaria, cuxo obxectivo era poñer fora da circulación a aqueles condutores que consumiran alcol e/ou drogas, os efectivos do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra, co apoio do Sector da Coruña, realizaron un total de 1.951 probas para vixiar o consumo de substancias psicoactivas, detectando 60 condutores que deron positivo en alcol e 16 en drogas (proba indiciaria).

Realizáronse 1.927 probas de alcoholemia e detectáronse 60 condutores que deron resultado positivo. 57 foron denunciados por unha infracción administrativa e os tres restantes por vía penal, ao superar a taxa de 0’60 mg/ l.
As sancións por conducir cunha taxa de alcol superior á legalmente establecida son de multa desde 500 ata 1000 euros, e perda de entre 4 e 6 puntos do permiso. Con todo, se a taxa é superior a 0´65 mg/ l (1´20 g/ l en sangue) constitúe un delito castigado con pena de prisión de 3 a 6 meses ou multa de 6 a 12 meses e, en todo caso retirada do permiso de 1 a 4 anos.

En controis indiciarios de drogas realizáronse 24 probas e detectáronse 18 condutores (o 75% do total) que supostamente consumiran estupefacientes, cuxos resultados están pendentes de confirmar polo laboratorio.
Reitérase, unha vez máis, que a lei prohibe conducir con presenza de drogas no organismo do condutor, quedando excluídas as substancias que se utilicen baixo prescrición facultativa e cunha finalidade terapéutica. Esta infracción catalogada como moi grave está castigada cunha sanción de 1.000 € e a retirada de 6 puntos.

Ademais das actuacións anteriores e en aplicación do plan integral de vixilancia, detectáronse outras dúas infraccións penais por senllos delitos contra a seguridade viaria: un deles por conducir con perda de vixencia do permiso de condución e o outro por carecer do mesmo.
Tamén se formulou algunha denuncia por facer uso do móbil ou distraccións na condución.
Dentro do mesma orde de actuacións preventivas de seguridade viaria destaca o feito de que non se rexistrou ningún accidente de circulación de importancia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS