sábado, noviembre 23, 2024
InicioO PaísOurenseO Concello de Ourense celebra o Día internacional das Mulleres con ampla...

O Concello de Ourense celebra o Día internacional das Mulleres con ampla programación

Actos institucionais, xornada de portas abertas do CIM, contacontos, cine, teatro, obradoiros e faladoiros están entre as actividades promovidas polo Concello de Ourense para celebrar o 8-M, Día internacional das Mulleres, entre os días 7 a 24 de marzo.

 

A programación, que ten como lema “Sermos coas outras. A diversidade fortalécenos. Mesma tea, distintos padróns” foi presentada pola concelleira de Igualdade, Eugenia Díaz Abella, e conta co financiamento a cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.

Todos os actos son de balde e contarase cun servizo de coidado de menores e con intérprete de signos, previa solicitude á Concellería de Igualdade cun mínimo de 2 días de antelación.

Toda a información está dispoñíbel en: Programación completa das actividades.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS