Stellantis Vigo pechará temporalmente todos os seus sistemas de produción polo menos ata o 14 de marzo. A causa é de novo a crise mundial de compoñentes necesarios na fabricación dos vehículos causada pola pandemia e que se agrava pola guerra en Ucraína.
A planta de Stellantis Vigo parará finalmente todo a súa produción a partir da semana que vén e non volverá abrir, previsiblemente, até o día 14 . Así o confirmaron desde CC.OO.
A Dirección da planta comunicaba esta semana aos sindicatos que a falla de compoñentes atrasaría o inicio da quenda de fin de semana no Sistema 2 que estaba previsto para o próximo 9 abril pendente da estabilización da subministración de compoñentes.
A falta de microchips pero tamén as dificultades para abastecerse de determinados produtos debido á invasión de Ucraína están detrás destes graves problemas.
Esta situación afecta a todas as plantas do grupo Stellantis e tamén doutros fabricantes de automóbiles.
Causa inestabilidade produtiva e de reorganización constante dos calendarios laborais, que ademáis dos resultados da factoría afecta aos traballadores cheos de incertezas.