jueves, noviembre 21, 2024
InicioO PaísA CoruñaFolga da recollida do lixo na cidade da Coruña

Folga da recollida do lixo na cidade da Coruña

Non houbo acordo este xoves na reunión entre os sindicatos, a empresa e o goberno da Coruña, así que os traballadores convocaron unha folga. Algunhas zonas da cidade aínda teñen colectores a rebordar de lixo a pesar de que o Concello contratou unha empresa de reforzo tras declarar a emerxencia sanitaria.

 Inés Rey:

O Concello d Coruña está en emerxencia sanitaria e contratou un servizo de reforzo, os operarios están a recoller unha media de 350 toneladas de lixo ao día. O triplo do que se recollía ao inicio do conflito.

A alcaldesa Inés Rey asegura que «se está a recoller a media das toneladas que se estaban a recoller nos días anteriores a este conflito». E asegura que «tamén se está a aumentar a recollida porque se reforzaron as quendas. Calculamos que nun par de días a situación poida estar normalizada e o noso desexo é que se normalice canto antes».

Os representantes dos traballadores do servizo de limpeza viaria e a empresa concesionaria non chegaron a acordo na reunión que mantiveron na tarde do xoves e os traballadores anuncian que convocarán folga. 

Este venres detallan a convocatoria.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS