domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaDetectan un aumento de furtos de carteiras no Porriño

Detectan un aumento de furtos de carteiras no Porriño

Prodúcense, sobre todo, os martes pola mañá coincidindo co mercado semanal

Dende o Concello aseguran que nas últimas semanas notouse un aumento importante, chegando a denunciarse ata catro ou cinco furtos nalgunha xornada.

A Policía Local e a Garda Civil traballan de forma coordinada para tratar identificar aos presuntos autores destes feitos e evitar que sigan producíndose estes actos criminais no municipio.

Desde a Concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe Abel Estévez, chaman a tomar certas precaucións para non ser vítima dos carteiristas:

• O lugar predilecto dos carteiristas son os espazos cheos de xente, nestes lugares somos vulnerables ao roubo, polo que é moi importante abrir os nosos ollos, ter as nosas pertenzas sempre ao noso alcance e non confiar o absolutamente ningún descoñecido que se achegue demasiado a nós con calquera pretexto.
• Nunca saias de casa cun bolso que non pecha ben ou que permite o fácil acceso ás túas pertenzas. Estes son os favoritos dos carteiristas.
• Se utilizas mochila, lévaa sempre no peito en lugar das costas, desta forma terás sempre a vista posta nas túas cousas mentres estás nos espazos onde es propenso ao roubo.
• Se usas bolsos o mellor é levalos cruzados e ben agarrados a ti, desta forma evitas que alguén poida pasar correndo e arrincalo do teu ombreiro. Ademais convén pechar ben o bolso e levar sempre a nosa man encima del.
• Cando prepares o teu bolso e mochila, coloca os obxectos de valor abaixo, no fondo do mesmo. Así se un carteirista tenta roubarche non conseguirá acceder facilmente a eles, senón que se atopará na superficie con cousas sen valor (unha botella de auga, un xersei, unha bufanda, etc).
• Se levas unicamente a carteira e o móbil, o mellor é telos sempre nos petos dianteiros do teu pantalón, ao teu alcance. No peto traseiro resultan moi fáciles de extraer polos carteiristas profesionais.
• Atención cando falas con estraños, non deixes en ningún momento as túas cousas nin che distraias. Os carteiristas, ademais de actuar en lugares públicos, moitas veces van en grupos de dous ou tres e abordan ás persoas con distintas técnicas de distracción para roubar as súas pertenzas. É importante manterche alerta das túas cousas.
• É necesario que esteas pendente do que ocorre ao teu ao redor. Moitas veces os carteiristas seguen ás súas vítimas durante un bo tempo ata que descobren un momento no que son vulnerables para atacar.
• Se descobres a un carteirista en pleno acto, non temas gritar e chamar a atención da xente. Estes adoitan actuar en lugares públicos polo que ao ser descubertos foxen de inmediato. A discreción é o seu maior arma, ante a evidencia non reaccionan de forma violenta senón que prefiren escapar sen ser identificados.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS