domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísCasado anuncia publicamente a súa lealdade a Feijóo

Casado anuncia publicamente a súa lealdade a Feijóo

O aínda  presidente do PP, Pablo Casado, interviu tras convocar o XX Congreso do PP do que sairá o seu sucesor. Ao inicio do acto xa se dirixiu ao presidente do PPdeG e de Galicia, Alberto Núñez Feijóo para amosarlle a súa «lealdade e a amizade» durante estes anos, e dixo que lle ofrecerá o mesmo»desde a discreción»  «no que decida facer».

 Casado pediu perdón polos seus erros nos últimos 4 anos pero cre que non merecía o trato recibido.

O aínda líder do PP dixo este martes ante a Xunta Directiva Nacional do partido que lamenta «todo o que fixese mal» nos case catro anos que leva á fronte da formación, aínda que reprochou a reacción, «inédita», que tivo «que sufrir» pola guerra interna tras a crise coa dirixente madrileña, Isabel Díaz Ayuso.

Así se pronunciou o aínda presidente do PP durante a súa intervención en aberto nesta Xunta Directiva Nacional do partido que dará luz verde ao Congreso extraordinario da formación que nomeará o seu sucesor: «Creo que non o merezo, nin o merecería ningún de nós»

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS