Ao goberno galego non lle chegou aínda comunicación de que España ía retomar a búsqueda dos 12 desaparecidos do Villa de Pitanxo. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, cre que é de xustiza facelo aínda que «imos tarde» nesas labores, tendo en conta que o naufraxio foi fai case 2 semanas.
Rosa Quintana:
España non ten os medios axeitados para poder baixar ao Villa de Pitanxo afundido en augas de Terranova o pasado 15 de febreiro, pero si poderá continuar a búsqueda dos 12 tripulantes desaparecidos recurrindo a tecnoloxía privada.
A conselleira do Mar cre que España debería ter sido máis rápida e ter iniciado xa a búsqueda unha vez que o Canadá a suspendeu ás 36 horas do naufraxio.
Con todo entende que o Goberno debe executar esos traballos para tratar de rescatar os desaparecidos.