lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísFeijóo anunciará "a partir do mércores" os seus plans políticos

Feijóo anunciará «a partir do mércores» os seus plans políticos

O presidente da Xunta e do PP e Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciará a partir deste mércores se se presentará candidato ao XX Congreso Nacional do PP para liderar o seu partido. Lembrou que vale o mesmo un voto dun presidente autonómico que de calquera afiliado así que «queda moito congreso» dixo.

Feijóo agradece o apoio público dos presidentes autonómicos do partido para substuir a Pablo Casado como líder da formación, pero lembra que os seus votos valen igual que o de cada afiliado, polo que pide respectar os tempos do congreso que o PP vai celebrar en Sevilla o días 2 e 3 de abril e que se convocará na reunión da xunta directiva do partido este martes.

«A partir do mércores, que é o primeiro día en que se poden tomar decisións, anunciarei a miña posición. Imos respectar os tempos do congreso e a lexitimidade da xunta directiva de mañá e a oportunidade de que calquera militante, dirixente ou afiliado do PP poida falar a partir do mércores, que é o primeiro día de prazo», explicou Feijóo aos xornalistas nun acto este luns en Vigo.

O líder dos populares galegos engadiu que un presidente autonómico do PP ten un voto e un afiliado da Serra de Albarracín ou de Xinzo da Limia ten outro voto, polo que «queda moito congreso».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS