Miño, destino navegable é un proxecto tranfronteirizo que une dúas eurocidades a través do río.
O Acqua I puxo en marcha este venres a súa primeira viaxe con público «cun éxito absoluto» segundo a rexedora de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel. Trátase do proxecto transfronteirizo Miño, un destino navegable, que une aos concellos de Monção, Salvaterra de Miño, Tui e Valença a través do río.
Desde 2019 ata 2021, esta embarcación turística realizou varios circuitos pola principal zona turística navegable de galicia, en concreto, na Ribeira Sacra, «chegando a realizar unha frecuencia de ata 5 viaxes ao día, cumprindo con todos os stándares necesarios para realizar as rutas turísticas con éxito», segundo explican as administracións locais.
Xa no 2021, a embarcación realizou na Guarda os mantenementos anuais necesarios requeridos para a normativa de buques e que foi dirixido polo persoal especializado. Deste xeito, «a empresa pripietaria solicitou a Capitanía Marítima de Vigo, en outubro de 2021, e, unha vez que resultaba adxudicataria do contrato, o abanderamento da embarcación e a autorización de navegabilidade para a realización do tráfico de pasaxeiros entre Tui e Salvaterra, para fines fines turísticos».
Para este fin, o buque, explican as admistracións implicadas, foi sometido a unha serie de inspeccións de seguridade e estabilidade reglamentarias solicitadas por Capitanía Marítima de Vigo, «cumprindo coas esixencias reglamentarias de dito organismo con éxito, obtendo o correspondente permiso de navegación».
Escoita a entrevista da rexedora de Salvaterra, Marta Valcárcel, nos informativos de Si Radio de Galicia:
E a entrevista co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro:
As persoas interesadas poderán realizar as súas reservas en www.hemisferios.org ou no teléfono (+34) 620 900 265 para realizar as rutas a partir deste venres, 25 de febreiro, con carácter gratuíto. Na mesma inclúese o percorrido con guía polos conxuntos históricos, o transporte en tren turístico, e a viaxe en barco, sendo a comida por conta do participante. Cada ruta ten unha participación mínima de 7 persoas e máxima de 15.
Esta primeira semana do venres 25 de febreiro ao domingo 6 de marzo o barco realizará as viaxes entre Tui e Valença, e a partir do luns 7 o percorrido será entre Salvaterra e Monçao. Iranse alternando así as saídas semanalmente entre as eurocidades participantes no programa.
Ofértanse un total de 6 rutas con hora previsto de inicio ás 10 h. Haberá catro rutas curtas entre Tui-Valença, Valença-Tui, Salvaterra-Monçao e Monçao-Salvaterra.