lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísGalicia baixa dos 500 hospitalizados por coronavirus

Galicia baixa dos 500 hospitalizados por coronavirus

Galicia baixa dos 500 hospitalizados con COVID-19, logo de que na última xornada recibiran a alta médica 23 pacientes hospitalizados en planta. Os casos activos seguen baixando en Galicia aínda que máis lixeraimente e quedan en 22.395 casos.

Na última xornada contabilizárose 1.682 novos contaxios.

Por áreas sanitarias baixan todas agás Santiago e Lugo:

A Coruña: 4.668 (-56)

Vigo: 4.510 (-17)

Ourense: 2.645 (-34)

Santiago: 3.930 (+12)

Lugo: 2.774 (+72)

Pontevedra: 2.353 (-39)

Ferrol: 1.297 (-10)

Nos hospitais galegos hai 486 persoas ingresadas diagnosticadas de coronavirus;  461 en planta e 25 en UCI. Na última xornada recibiron a alta por COVID 23 pacientes.

As mortes por coronavirus  continúan subindo, o Sergas notificou catro decesos por mor da covid–19, que alzan a cifra a 3.090 falecementos desde o inicio da pandemia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS