lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísFamilias das vítimas do Villa de Pitanxo denunciarán á armadora

Familias das vítimas do Villa de Pitanxo denunciarán á armadora

Familiares dos mariñeiros peruanos, tanto falecidos no naufraxio como desaparecidos, estudan accións legais contra a armadora Manuel Nores propietaria do afundido Villa de Pitanxo.

Consideran que as condicións do barco con sete positivos en covid–19 non eran as mellores para a tripulación.

Polo momento, están xuntando probas para presentaren unha denuncia nos xulgados.

Pola súa parte, a empresa asegura que se cumpriu a norma, que están tranquilos e que non queren participar nun xuízo mediático.

No que respecta as labores de búsqueda dos mariñeiros desaparecidos, Salvamento Marítimo explicoulle aos familiares que España non conta cos medios públicos necesarios para esa búsqueda subacuática. Con todo apunta a posible contratación de medios privados para realizar ese traballo.

Salvamento Marítimo  estuda contratar unha empresa privada que dispoña dos medios necesarios para chegar ao fondo do mar en augas do caladoiro de Terranova, cunha profundidade superior aos 1.000 metros, ante a posibilidade de que algúns mariñeiros quedasen no interior do barco.

Trátase dunha operación complexa e para a que non só se precisa un vehículo de control remoto capaz de baixar a miles de metros de profundidade, senón tamén dun barco dotado da tecnoloxía precisa para a localización. En Galicia hai unha empresa con esa tecnoloxía: Servizos submariños ACSM,

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS