domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra prepara o enterro da lamprea

Salvaterra prepara o enterro da lamprea

A celebración terá lugar o 5 de marzo ás 17:00 horas.

Co descenso de casos positivos e a redución das restricións sanitarias impostas pola COVID-19, o Concello de Salvaterra de Miño preprar o seu traidicional enterro da lamprea do próximo 5 de marzo a partir das 17:00 horas.

Dende a adminsitración local apuntan a que «se ben é certo que a situación sanitaria está sendo favorable nestes últimos días, tamén o é que non debemos esquecer o cumprimento dunhas medidas mínimas básicas que permitan garantir un control sobre a propagación do virus» e que, por este motivo, «o Concello organiza un desfile de carrozas e música para despedir a comitiva da defunta Lamprea, pero sempre mantendo as máximas medidas de seguridade»

Coma todos os anos, o Concello fai unha invitación a todas aquelas persoas que queiran acompañar a  lamprea participando como “choronas” e acompañando en todo momento a comitiva no seu percorrido polas rúas, saíndo de Rosalía de Castro, Rúa Castelao, Rúa Fonte da Vila e  Dona Urraca, para rematar na praza do Concello onde o Notario dará lectura das últimas vontades da defunta.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS