jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsO PaísOs baróns do PP aclaman a Feijóo para que se presente líder

Os baróns do PP aclaman a Feijóo para que se presente líder

Pablo Casado seguirá á fronte do partido até o congreso extraordinario dos días 2 e 3 de abril, un conclave ao que non se presentará e no que todos queren vencedor a Feijóo. Por iso, os baróns do PP piden a Feijóo que se presente a ese congreso para liderar o Partido Popular.

Todos os baróns, sen excepción nin do propio Casado, apoian a Feijóo a asumir as rendas do partido. 

O líder dos populares creu até o final que podería remontar, como xa o fixo no congreso no que contra prognóstico saíu elixido presidente do PP tras enfrontarse con María Dores de Cospedal e Soraya Sáenz de Santamaría. Pero viuse acorralado e conseguíu esta saída «tranquila».

Casado citou a Feijóo unha hora antes que aos demais para, con el,  definir a folla de ruta a seguir nas próximas semanas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS