sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísGalicia baixa a 1.000 os seus contaxios diarios

Galicia baixa a 1.000 os seus contaxios diarios

Os casos activos de COVID-19  seguen baixando e quedan por baixo dos 26.000. Na última xornada foron 1.010 os positivos detectados, a cifra máis baixa dos últimos dous meses.

En Galicia hai un total de  25.970 persoas con coronavirus.

Por áreas sanitarias.

A Coruña: 5.507 (-582)

Vigo: 5.408 (-447)

Ourense: 3.001 (-320)

Santiago: 4.536 (-516)

Lugo: 2.921 (+289)

Pontevedra: 2.877 (-275)

Ferrol: 1.440 (-104)

O lado negativo do balance está nos hospitais, onde se rexistraron 24 ingresos en planta. Agora hai un total de 598 ingresados en Galicia; 567 en planta e 31 persoas na UCI.

Pola súa parte, o Sergas notificou 1 deceso por mor da covid, alzando a cifra a 3.075 falecementos desde o inicio da pandemia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS