sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísFamiliares piden a España que retome a busca dos desaparecidos

Familiares piden a España que retome a busca dos desaparecidos

Familiares dos desaparecidos no naufraxio Villa de Pitanxo pídenlle ao Goberno de España que envíe barcos ás augas NAFO, en Terra Nova, para continuar as labores de busca unha vez que O Canadá decidiu suspendelos. 

 Un familiar dun dos desaparecidos no naufraxio:

O que piden é que non se abandone a busca dos corpos dos mariñeiros desaparecidos e apelan ao Goberno de España unha vez que o de Canadá decidira abandonar tras 36 horas de busca.

 Aseguran que non poden comprender que se suspenda ese operativo e que se dea a 12 persoas por desaparecidas no mar.

Na armadora, en Marín, son recibidos polos equipos de psicólogos que lles foron asignados a través do protocolo de apoio que lles trasladarán a situación concreta do seu familiar e axudaranos a afrontar a dor.

Tres días despois do afundimento, hai familias que aínda descoñecen se os seus achegados están entre algún dos corpos recuperados ou entre os desaparecidos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS