Galicia ten 34.100 casos activos actualmente de COVID-19. Os positivos seguen baixando na comunidade a pesar de que os contaxios diarios achéganse aos 2.500. Nos hospitais baixan os ingresados ata os 624.
Os casos activos continúan baixando por décimo día consecutivo en Galicia. Tras restar case 2.000 casos, a cifra total de positivos é de 34.139 persoas con coronavirus en Galicia.
Con todo os contaxios diarios aumentaron con respecto ao día anterior. Sumáronse 2.436 novos positivos en 24 horas.
Baixan os seus casos activos todas as áreas sanitarias:
A Coruña: 7.557 (-395)
Vigo: 7.336 (-536)
Ourense: 3.648 (-196)
Santiago: 6.030 (-277)
Lugo: 3.601 (-216)
Pontevedra: 3.818 (-245)
Ferrol: 1.751 (-92)
Nos hospitais baixa a presión con 324 ingresados arestora: -24 en planta e -5 en UCI.
En total, hai 624 ingresos en hospitais, 587 e 37 respectivamente.
Con todo, o Sergas notificou cinco decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 3.056 falecementos desde o inicio da pandemia.