O socialista David Regades foi reelexido como secretario xeral do PSOE na provincia de Pontevedra tras un 4º Congreso «marcado pola unidade de toda a militancia».
O PSdeG-PSOE abre unha nova etapa na provincia de Pontevedra tras un 4º Congreso «marcado pola unidade de toda a militancia en torno ao proxecto liderado por David Regades» O secretario xeral asume o seu segundo mandato ao fronte da organización socialista de Pontevedra cunha Executiva integradora, renovada e ampliada «co obxectivo de empoderar á militancia para consolidar as maiorías absolutas municipais, gañar novas Alcaldías, recuperar a do Porriño e afrontar novos retos como a maioría absoluta na Deputación de Pontevedra e recuperar o goberno da Xunta para o PSdeG-PSOE en beneficio da xente”.
As comarcas están representadas na nova executiva liderada por Regades.Ao lado de David Regades, que é o primeiro secretario xeral que repite dende que existe o mecanismo orgánico das Primarias, atópanse a silledense Paula Fernández como vicesecretaria xeral de Política; Manel Vázquez, da Illa de Arousa, como vicesecretario xeral de Acción Electoral, e o cañicense Luis Piña como secretario de Organización, entre outros nomes que conforman a dirección.
Nos micrófonos de Si Radio falaron algun deles:
David Regades, secretario xeral da provincia:
Luis Piña, alcalde da Cañiza, repite como secretario de organización:
Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, é o responsable da Secretaría da Cidadanía:
Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda de Caselas, asume a primeira Secretaría de Emprego:
Carlos Gómez, alcalde de Baiona, é o secretario de Transición Ecolóxica:
David Alonso, concelleiro socialista do Porriño:
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra:
Abel Caballero, alcalde de Vigo:
Gonzalo Caballero, ex secretario xeral do PSOE en Galicia e diputado no parlamento galego: