Trátase dunhas xornadas para famiias e profesioanais nas que se aboradará o desenvolvemento motor na primeira infancia.
O Centro Cultural Municipal acolle este venres 11 ás 18:30 h as xornadas para familias e profesionais “Acompañando na aventura de crecer”. Nestas xornadas organizadas desde a Concellería de Cultura do Porriño, a través da biblioteca municipal, abordarase desde diferentes puntos de vista como podemos favorecer o correcto desenvolvemento das nosas fillas e fillos desde que nacen e na súa primeira etapa infantil, para favorecer unha vida adulta máis saudable e enriquecedora.
Desde diferentes perspectivas profesionais, trataranse varios temas de suma importancia para o desenvolvemento infantil, que funcionan como termómetros para avalialo: a linguaxe, o psicomotricidade, as emocións ou a visión, entre outros. O ciclo de charlas “Acompañando na aventura de crecer” desenvolverase ao longo dos meses de febreiro, marzo, abril, maio e xuño, o segundo venres de cada mes.
“Entende como crece”
Nesta quenda será a fisioterapeuta Vanesa Gómez Gándara a encargada de dirixir a xornada baixo o título “Entende como crece”. O contido da charla será o desenvolvemento motor na primeira infancia, falarase sobre os principais fitos de cada etapa e explicarase como acompañar ás crianzas en cada momento, así como algunhas claves para detectar calquera disfunción de maneira precoz.
Vanessa é especialista en pediatría, con formación en fisioterapia respiratoria, desenvolvemento motor, problemas dixestivos e terapia manual. Imparte talleres de formación para familias, en colaboración coas matronas nos talleres prenatais e postnatais. Na súa imparable curiosidade por aprender, actualmente traballa na formación “Método B-B”, unha disciplina integradora no tratamento coas crianzas. Ademais, organiza charlas sobre masaxes infantís e é asesora de lactancia e porteo, entre outras.