martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsO PaísGalicia prorroga o certificado COVID ata o 26 de febreiro

Galicia prorroga o certificado COVID ata o 26 de febreiro

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anuncia que o certificado COVID seguirá sendo necesario para poder entrar na hostalería, nas discotecas, ximnasios ou ser acompañante dun paciente no hospital a lo menos ata o 26 de febreiro. Prorrógase así a súa vixencia, que caducaría este sábado, 12 de febreiro.

O presidente da Xunta:

Amosar o certifiado COVID-19 seguirá sendo obrigatorio para hostalería ou espazos culturais ou deportivos dúas semanas máis, tamén para ir a un albergue ou acompañar a un paciente nun hospital ou visitar a un usuario dunha residencia.

A Xunta de Galicia vén de solicitarlle ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) esa prórroga da obrigatoriedade de presentar o certificado covid nos mesmos ámbitos nos que xa se esixe até agora.

A autorización actual caduca o sábado e no caso de que os maxistrados acepten esa extensión estaría vixente durante as próximas dúas semanas, até o día 26.

Esa prórroga manterase mentres non se complete a vacinación en todos os grupos de idade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS